Similar Songs
Los Abrazos Prohibidos (feat. Alice Wonder, Andrés Suárez, Carlotta Cosials, Christina Rosenvinge, Dani Martín, DePedro, Eva Amaral, Ismael Serrano, Iván Ferreiro, Kase.O, Leiva, Luz Casal, Maika Makovski, Marwan, Nacho Vegas, Niña de Juan, Rozalén, Joaquín Sabina, Santi Balmes & Xoel López)Vetusta Morla
Lyrics
Nesta terra que fai testamento
Que acolle os lamentos e anima a olvidar
Infectada de sangue usureiro
Nesta terra que fai testamento
Que acolle os lamentos e anima a olvidar
Infectada de sangue usureiro
Caciques modernos, mecenas do mal
Vivo dentro dun monte de area
Tinguido de brea que non limpa o mar
Coa esperanza de tomar alento
Para ver o momento de nos libertar
Mais aínda seguimos aquí
A aturar tempestades de sal
Resistindo a violencia de mans
Desas serpes e cans que nos queren calar
Compañeiras nos soños do Edén
Unha illa no medio do mar
Que iluminan o loito máis negro
Que esquece o desterro e o medo a loitar
Cando as marcas se gravan a ferro
E a dor e a xenreira non deixan sorrir
As penurias van alén da fame
Falta a identidade que axuda a vivir
Só se calma o ruído da raiba
Coa forza que queima na gorxa ao berrar:
Queremos curar a fendedura
Olvidar a tristura e voltar comezar
Written by: Maria Xose Silvar Fernández