Upcoming Concerts for Escuchando Elefantes & Amancio Prada
See All Concerts
Top Songs By Escuchando Elefantes
Credits
PERFORMING ARTISTS
Escuchando Elefantes
Performer
Amancio Prada
Lead Vocals
Sílvia Rábade
Lead Vocals
Carlos Tajes
Lead Vocals
COMPOSITION & LYRICS
Amancio Prada
Composer
Rosalia de Castro
Lyrics
PRODUCTION & ENGINEERING
Sílvia Rábade
Producer
Carlos Tajes
Producer
Lyrics
Adios rios, adios fontes
Adios regatos pequenos
Adios vista dos meus ollos
Non sei cando nos veremos
Miña terra, miña terra,
Terra donde m' eu criey
Ortiña que quero tanto
Figueiriñas que prantey
Prados, rios, arboredas,
Pinares que move ó vento
Paxariños piadores
Casiña dó meu contento
Muhiño d'os castañares
Noites craras de luar
Campaniñas trimbadoras
Dá igrexiña dó lugar
Amoriñas d' ás silveiras
Qu' eu lle dab' ó meu amor
Camiñiños antr' ó millo
Adios, para sempr' adios!
Adios groria! adios contento!
Deixo á casa onde nacin
Deixo á aldea que conoço
Por un mundo que non vin!
Deixo amigos por estraños
Deixo á veiga pó lo mar
Deixo, en fin, canto ben quero...
Quen pudera non deixar!
Adios, adios, que me vou
Herbiñas do camposanto
Donde meu pai s' enterrou
Herbiñas que biquey tanto
Terriña que nos criou
Xa se oyen lonxe, moi lonxe
As campanas do pomar
Para min, ay! coitadiña
Nunca máis han de tocar
Xa se oyen lonxe, máis lonxe
Cada balada é un dolor
Vóume soia, sin arrimo
Miña terra, adiós!, adiós!
Adios tamén, queridiña
Adios por sempre quizais!
Dígoch' este adios chorando
Dend' a veiriña do mar
Non m' olvides, queridiña
Si morro de soidás
Tantas legoas mar adentro
Miña casiña! meu lar!
Adios rios, adios fontes
Adios regatos pequenos
Adios vista dos meus ollos
Non sei cando nos veremos
Adios rios, adios fontes
Adios regatos pequenos
Adios vista dos meus ollos
Non sei cando nos veremos
(Non sei cando nos veremos)
(Non sei cando nos veremos)
(Non sei cando nos veremos)
(Non sei cando nos veremos)
Written by: Amancio Prada, Rosalia de Castro